CulturaMúsicaÚltima hora

O SilFest Valdeorras posponse a 2021

A quinta edición terá que esperar aos días 22, 23 e 24 de xullo do vindeiro ano

O SilFest Valdeorras posponse a 2021. Así o anunciaba a organización esta mañá. Sen embargo, xa hai datas para o vindeiro ano: 22, 23 y 24 de xullo.

 

Shinova durante a pasada edición./ Foto: Alba Prada.

 

“Tentamos aprazar a cita multicultural, buscando unha nova data no calendario de eventos deste verán; con todo, e despois de estudar todas as opcións, decidimos aprazar o festival a 2021”, explican dende a organización.

En canto ás entradas, poderase solicitar a súa devolución e reembolso nos próximos días. Ademais, tamén se poderá conservar para o vindeiro ano.

Artigos relacionados

Back to top button