DeportesNataciónÚltima hora

O Sincro Ourense brilla no Campionato Galego de Verán de Nivel de Natación Artística

As ourensás lograban o trofeo ao mellor club galego na proba disputada na piscina Rosario Dueñas

 

Só un día antes de que o temporal levantase parte da cuberta, obrigando a pechar a instalación ata o seu arranxo, na xornada do sábado12 de xuño a Piscina Rosario Dueñas de Ourense acollía o Campionato Galego de Verán de Nivel de Natación Artística, no que o Sincro Ourense, club anfitrión e organizador da proba xunto á Fegan, volvía brillar con luz propia.

Se oito días antes as ourensás se consacraban como mellor club galego promoción, esta fin de semana levaba un novo trofeo, desta volta ao mellor club calego de nivel de natación artística. Con 18 medallas de ouro e 3 de bronce, o primeiro posto de cada rutina era para o CNSO que non deixou lugar a dúbida da súa excelencia neste campionato. “Os logros foron tanto a nivel individual como en equipo, reflexo do gran traballo das nosas nadadoras e adestradoras nesta tempada tan complicada”, aseguran dende a directiva do club, conscientes de que “a constancia, dedicación e esforzo diario” deron os seus froitos con este espectacular campionato, facendo do seu o mellor club de natación artística de Galicia, afianzado así o seu lugar no máis alto do panorama galego. “Cando se fala de sincro galega, fálase de Sincro Ourense”, aseguran orgullosos.

 

Equipo técnico.

 

Con respecto aos resultados individuais, as figuras das categorías Alevín e Infantil deixaron bos postos destacando varios podios na xeral. No equipo adestrado por Beatriz Montes (en Figuras Alevín), Alejandra Baliñas era 1º, Martina A. Queija 3º(+ medalla de ouro nada en 2010), Carmen Reboredo 6º (medalla de bronce nada en 2010), Paola Bobillo 10º (+medalla de ouro nada en 2011), Mar Rodríguez 12º, Naia M. Canal 18º, Enara Álvarez 19º, Laura Araújo 25º, Matilda Nieves 27º, Laia Vilachá 29º e Irene Álvarez 39º. No equipo infantil adestrado por Elvira López, Iria Fernández era 1º(+medalla de ouro nada en 2007), Estela L. Ojea 5º (+medalla de bronce nada en 2007), Blanca Moyano 6º, Elia Rodríguez 7º, Antía Blanco 10º, Sarah Sánchez 15º, Cristal D. Mota 16º, Paula Moure 20º, Dulce Romero 23º, Noa Touriño 50º.

E con respecto ás rutinas foron numerosos os primeiros postos en cada rutina presentada, onde tamén brillaron as categorías Júnior e Sénior: 1º posto en Rutina de Equipo, Rutina Libre e Dúo para o equipo Alevín; 1º posto en Rutina de Equipo, Rutina Libre e Dúo para o equipo Infantil; 1º posto en Rutina de Equipo, So, Dúo e Highlight para o equipo Júnior; e 1º posto en Rutina Highlight para o Sénior.

Uns resultados que reforzan a confianza das nadadoras ourensás para afrontar os Campionatos de España nas vindeiras semanas.

Fotos: Sincro Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button