DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Sincro Ourense, campión galego de inverno de natación artística

Pleno de medallas para as nadadoras ourensás no campionato celebrado na piscina Rosario Dueñas

Moi bos resultados conseguían as nadadoras do Club Sincro Ourense na pasada fin de semana na dobre cita de natación artística que tiña lugar na piscina Rosario Dueñas, na cidade das Burgas: o campionato galego de rutinas técnicas en categoría júnior e a primeira xornada da liga galega de figuras de nivel en categorías alevín e iInfantil.

Pola mañá, doce nadadoras do club anfitrión participaron cun equipo, dos sós e dous dúos, conseguindo subir ao máis alto do podio nas tres modalidades: ouro para o só de Ana Moyano, para o dúo formado por Laura Bernardo e Lola Carracedo e ouro tamén para o equipo libre, levándose ademais o trofeo ao mellor club do campionato.

Na xornada de tarde, tocoulle o turno ás probas de figuras individuais en categorías alevín e infantil e o Sincro Ourense volvía facer pleno en alevín ao colocar a Iria Fernández de primeira, Estela Luisa Ojea segunda e Antía Blanco terceira. En infantil, a ourensá Antía Touriño foi terceira.

 

Artigos relacionados

Back to top button