DeportesNataciónÚltima hora

O Sincro Ourense comezará a tempada de natación artística o vindeiro sábado en Pontevedra

Será na 1ª xornada da Liga de Figuras Alevín e Infantil e da competición de Rutinas Técnicas Júnior de Nivel

 

A vindeira fin de semana o Club Sincro Ourense comezará a tempada en Pontevedra. Un total 29 nadadoras da categoría Nivel participarán na 1ª xornada da Liga de Figuras Alevín e Infantil e da competición de Rutinas Técnicas júnior que se desenvolverá o sábado 19 de decembro no Complexo Deportivo de Rías do Sur.

Desenvolverase en dúas partes. A xornada de mañá será para as Figuras Alevín: Perna de ballet, Barracuda, Paseo de costas e Bailarina; e Figuras Infantil: Ariana, Río, Júpiter, Oceanía. Na xornada de tarde: Só Técnico Júnior, Dúo Técnico Júnior, e Equipo Técnico Júnior.

Este campeonato, a primeira competición de natación artística de Galicia desta tempada, está organizado polo Club Galaico Sincro e a FEGAN baixo un estrito protocolo anti covid para garantir a seguridade de todas as nadadoras e todas as persoas implicadas no evento. Nel participarán un total de 7 clubs galegos: Centro dep. D10, Galaico Sincro, RCN Vigo, Sincro Pontevedra, Casino de la Coruña, Club Sincro Ferrol e Sincro Ourense.

A “óptima preparación das nosas nadadoras permítelle participar en todas as categorías nunha competición galega deste calibre”, aseguran dende o club ourensán, orgulloso de ver como as súas depoertistas “se superan malia as dificultades nun deporte tan esixente como este”.

Fotos: Club Sincro Ourense

Artigos relacionados

Back to top button