DeportesÚltima hora

O Sincro Ourense mantén o tipo nos nacionais de figuras infantil e rutinas técnicas

 

O Centro de Natación M86 de Madrid acollía na pasada fin de semana, o III campionato de España de figuras infantil e rutinas técnicas, contando coa participación dos equipos infantil e júnior do Club Sincro Ourense.

A categoría infantil competía na modalidade de figuras contando con 225 nadadoras de 31 clubs de toda España. A categoría júnior pola súa banda, facíao en rutinas técnicas na modalidade de só feminino, só masculino, dúo e dúo mixto e tamén equipo técnico. Nesta categoría participaron preto de 180 nadadoras.

 

Equipo júnior.

 

Con respecto ás actuacións do club ourensán de natación artística na xornada matinal, na categoría de sós técnicos Ana Moyano conseguíu posicionarse no posto 14º (de 39); e na final de equipos técnicos júnior, o equipo ourensán formado por Claudia, Rocío, Lola, Erea, María, Ana, Rebeca e Lucía, posicionábanse no 10º, cunha dinámica coreografía.

Pola tarde era o turno das infantís que competiron en figuras. “Para moitas esta era a súa primeira competición nacional nesta categoría e os resultados foron bos”, aseguran dende no club, destacando a dúas das máis xoves da competición: Iria Fernández que era 5º e  Estela L. Ojea, 6ª. A competición pechábase cos dúos técnicos, nos que o CNSO compitiu coas parellas formadas por Rocío Blanco e Ana Moyano, que remataban non posto 16º.

Na clasificación xeral de figuras as infantís de Ourense acadaron o posto 9º de 31; e na de rutinas, as júnior foron 15ª de 30.

 

Dúo.

 

Fotos: Sincro Ourense

Artigos relacionados

Back to top button