DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Sincro Ourense, no nacional infantil de natación sincronizada

No campionado de España, celebrado en Alicante, participaron 13 nadadoras do club ourensán

O club ourensán de natación sincronizada pode dicir que está entre os grandes de España. Así o demostraban a comezos de xullo coa participación no XVII campionato de España infantil de natación sincronizada celebrado en Alicante.

Tal como explican dende o Sincro Ourense, as ourensás acudían co obxectivo de situarse na metate superior da clasificación nas distintas probas que disputaron e cumpríano con creces. Na proba de figuras, dos 40 clubs participantes, as do Sincro ocuparon o posto 13º, “destacando a nivel individual os postos 52º de Eyén Díaz e 70º de Ana Moyano, dun total de 367 participantes”, puntualizan dende o club. Na proba de equipo libre, as ourensás ocuparon o posto 15º coa súa rutina “Ocean”, a escasas décimas de meterse na final. Na modalidade de combinado, acabaron no posto 16º coa súa rutina “Robots”.

E no que respecta á clasificación final por clubs, o Ourense finalizou no posto 15º, sendo ademais o mellor dos galegos participantes en cada unha das probas disputadas, “demostrando que o seu triunfo en todas as pruebas do recentemente disputado campionato galego, non fora casualidade”, aseguran dende o club, destacando a experiencia vivida pola nadadoras que compartiron escenario e puderon ver de preto a profesionais como Gemma Mengual e Ona Carbonel que presentaron as rutinas que levarán aos Xogos Olímpicos de Río 2016, no marco do Trofeo Infantas de España que tamén se disputaba en Alicante.

Artigos relacionados

Back to top button