DeportesÚltima hora

O Sincro Ourense remata a liga galega de figuras cun ouro, unha prata e un bronce

O club ourensán participou con todas as súas nadadoras nas categorías alevín, infantil e júnior

Un primeiro posto, un segundo e un terceiro. Son os resultados colleitados polo Club Sincro Ourense na liga galega de figuras de natación artística que remataba trala terceira xornada disputada na piscina do Real Club Náutico de Vigo.

O equipo ourensán participou con todas as súas nadadoras de nivel das categorías alevín, infantil e júnior ocupando  postos de podio nas tres. En alevín, Estela Ojea finalizou en terceira posición, sendo Iria Fernández cuarta, Blanca Moyano sexta, Paula González 8ª, Antía Blanco 10ª, Lía Pulido 16ª, Cristal Mota 18ª, Noa Bobillo 20ª, María Pousa 23ª e Elia Rodríguez 28ª dun total de 48 participantes.

En Infantil, a ourensá Ana Moyano conseguíu subirse ao máis alto do podio, con case 4 puntos de vantaxe sobre a segunda clasificada. Rocío Blanco foi 6ª, María González 9ª, María Molina 12ª, Antía Touriño 16ª e Eva Rodríguez 26º, dun total de 37 nadadoras.

E con respecto á categoría  júnior, a ourensá Lola Carracedo conseguía a prata, sendo 4ª Laura Bernardo, 5ª Lara Doval, 9ª Claudia Bande, 10ª Candela Rodríguez, Elena Moyano 17º, María Cid 19ª, Paula Vilariño 23ª e Marta Vilariño 24ª.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button