DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Sincro Ourense triunfa na Copa Deputación de natación sincronizada

As nadadoras ourensás lograron 5 ouros (escola, base 1, base 2, base 3 e equipos de base 2) e un bronce (equipos de base 4)

Más de 300 nadadoras de toda Galicia particiaron na Copa Deputación de Ourense de Natación Sincronizada celebrada o pasado sábado na piscina Rosario Dueñas.

Entre os participantes, o anfitrión, o Club Sincro Ourense ganaba con todas as coreografía que presentou nas categorías de escola, base 1, base 2 e base 3. En equipos de base 4 as nadadoras do Sincro Ourense A foron terceiras e as do Sincro Ourense B cuartas igual que en combos base 4.

Tal como explican dende a organización, na xornada de mañá celebráronse as competicións de escola, base 1, base 2 e base 3. En escola o vencedor foi  o Sincro Ourense; en combos base 1 ouro tamén para o Sincro Ourense, 2º posto para Burbullas da Estrada e 3º para Rías Baixas de Vigo; en combos base 2: 1º Sincro Ourense, 2º CNS Pontevedra e 3º Acuatic Oleiros; e en combos base 3: o Ourense foi  1º, o Acuatic Oleiros 2º e o Rías Baixas 3º.

En canto aos equipos, en base 1, o 1 º foi o Acuatic Oleiros e o 2º o Sincro Casino; en base 2 Sincro Ourense 1º, Acuatic 2º e Burbullas 3º; e en base 3 venceu o Acuatic Oleiros.

Na jornada de tarde, destinada aos combos e equipos de base 4, o podio en combos quedou co Rías Baixas no 1º caixón, o Acuatic no 2º e o Aguamarina no 3º; en canto aos equipos, Rías Baixas foi 1º, Acuatic 2º e Sincro Ourense 3º.

Ademais das categorías que competían, tamén houbo exhibición de nivel por parte da nadadoras do club ourensán, tanto individual, dúos e combos como equipos de categorías alevín, infantil e xuvenil, presentando as coreografías coas que competirán nos pvindeiros campionatos galegos e de España de nivel de verán.

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button