SanidadeÚltima hora

O Sindicato de Enfermería (SATSE) denuncia ante a fiscalía o peche do paritorio de Verín

Na súa denuncia advirte de que "plantear que os partos de baixo risco ata agora realizados en Verín pasen a realizarse en Ourense implica que, directamente, ese embarazo pase a ser de risco ao obrigar á nai a realizar un traslado innecesario en distancia e tempo durante o cal poden xurdir problemas non previstos"

 

O Sindicato de Enfemería SATSE Ourense informa a través dunha nota de prensa que vén de presentar unha denuncia ante a filscalía de Ourense polo peche do paritorio do Hospital de Verín “de quen é responstable o equipo directivo da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras”.

No texto da denuncia SATSE advirte que o paritorio de Verín encóntrase a 75 km do hospital de referencia localizado en Ourense, polo tanto os argumentos sobre o descenso de partos non terían o peso suficiente para o peche deste servizo, segundo a secretaria provincial de STASE en Ourense, Pilar Oviedo.

“Non o di o Sindicato de Enfermería, senón a guía Maternidad Hospitalaria, Estándares y Recomendaciones elaborada pola Agencia de Calidad del Sistema Nacional de Salud, editada no ano 2009 polo Ministerio de Sanidade, que recolle no seu capítulo 5 sobre a organización e xestión, epígrafe 5.1 de niveis asistenciais da Atención Hospitalaria ao Parto (páx. 64) que, Parece prudente non dotar de MH (Maternidade Hospitalaria) a aqueles hospitais que non teñan unha área poboacional de referencia (ou cuxo estudo de mercado non prevea) que xere unha demanda superior aos 600 partos ao ano, excepto que razóns de tempos de desprazamento ou accesibilidade así o aconsellen”, sinala Pilar Oviedo.

Oviedo engade que o percorrido entre “Verín e Ourense supón 50 minutos de desprazamento, aínda que segundo en qué poboacións podería ser incluso máis. Para SATSE resulta curioso que precisamente esa excepcionalidade teña sido obviada nos supostos argumentos de motivo de peche do paritorio”.

Ademais dende SATSE Ourense advirten de que “plantear que os partos de baixo risco ata agora realizados en Verín pasen a realizarse en Ourense implica que, directamente, ese embarazo pase a ser de risco ao obrigar á nai a realizar un traslado innecesario en distancia e tempo durante o cal poden xurdir problemas non previstos”.

Para SATSE non é sostible que a decisión “do peche do paritorio do Hospital de Verín sexa meramente unha decisión técnica, senón máis ben económica ou organizativa, motivo polo que este Sindicato de Enfemería rexeita este peche, instando ao goberno da Xunta de Galicia a rectificar a súa decisión e garantir os servizos e calidade asistencial sanitarios a todos os galegos con independencia do seu lugar de residencia. Tanto é así que se advirte que a responsabilidade deste peche recae directamente sobre os que o propiciaron, ante a posibilidade dun posible dano á muller embarazada ou fillos menores”.

 

Artigos relacionados

Back to top button