ConcellosÚltima hora

O sindicato de profesores ANPE inaugura a sede do Barco

O colectivo profesional conta con preto de mil afiliados na provincia de Ourense
Representantes de ANPE Ourense e Valdeorras diante da sede no Barco.
Representantes de ANPE Ourense e Valdeorras diante da sede no Barco.

Abrir unha sede no Barco de Valdeorras “era o noso reto. Tiñamos aos compañeiros pero necesitabamos un lugar de reunión, e hoxe, despois duns cantos anos aforrando e pedindo apoio aos afiliados (porque vivimos exlucivamente das cuotas), damos por fin resposta a esa demanda tan sentida na comarca”. Así o confirmaba José Manuel Fernández López, presidente de ANPE Ourense, que se achegaba ata Valdeorras para inaugurar o local que o sindicato independente e profesional de mestres do ensino público porá a disposición dos afiliados da comarca, no número 7 da Galería Paylo do Barco.

Acompañando a José Manuel, asistían á inauguración a vicepresidenta e secretaria de ANPE Ourense, Iria Fernández Ordóñez; o encargado do Campus Auriense (plataforma de formación online), Antonio Conde Loureiro; os delegados en Valdeorras, Celso Francisco Gómez Caamaño e Ignacio Hermida González; e o delegado sindical, Celso Chao Corbal.

No propio local, o presidente ourensán de ANPE (Asociaciación Nacional de Profesores del Estado) explicaba que os compañeiros da comarca e limítrofes contarán con compañeiros que os van atenderán, e será sede tanto de ANPE como sindicato para tratar temas administrativos, retributivas, laborais…, como sede do defensor de profesor. Ademais “terán unhas instalacións á súa disposición, é dicir, os compañeiros que teñan grupos de traballo fóra do horario escolar e necesiten un lugar no que reunirse poderán facelo aquí, trasladar inquedanzas, preparar proxectos, concursos, actuacións…”. Fernández lópez insiste en que “isto é froito catro anos, algo que era demandado, querido, esperado e que houbo que superar moitas dificultades porque todo o temos que facer nós”. Por iso agradece “dun xeito moi especial aos compañeiros e compañeiras profesores da comarca o seu esforzo e animalos a unirse a este proxecto porque eles son os que van sustentalo. Así funcionamos, non existe otra maneira para nós”.

Interior da sede de ANPE Valdeorras.
Interior da sede de ANPE Valdeorras.

Con preto de mil afiliados na provincia de Ourense, ANPE é un sindicato profesional con dúas vertentes. Unha profesional que defende e sustenta ANPE e outra que é o defensor do profesor. Nesta faceta “Ourense foi dos primeiros xunto con Madrid” di o presidente, explicando que se trata dun colectivo de docentes do ensino público que nace ao detectar un incremento importante de convivencia escolar (violencia escolar), nas aulas e a dificultade para abordalas por parte dos propios profesores. “Tratamos de encauzar esas situacións que se producen e que desgraciadamente ocorren nos nosos centros, e atopar un lugar común no que poder resolvelas. Ademais o sindicato conta co Campus Auriensis, una plataforma dixital orientada á autoformación dos profesores.

Artigos relacionados

Back to top button