ConcellosÚltima hora

O singular humor de Cadaval abre o pano do outono teatral no Barco

“Da Vinci tiña razón!” representábase na vila valdeorresa na noite do 3 de outubro

Co outono volve o teatro ao Barco cun programa cheo de propostas que se abría na noite do 3 de outubro da man de Produción Teatrais Excéntricas. Sobre o escenario Teatro Lauro Olmo representábase “Da Vinci tiña razón!”, unha comedia con dirección de Quico Cadaval cun trama rocambolesca e dun marcado tono escatolóxico, que non deixa indiferente a ninguén.

O fío da historia desenvólveno sete personaxes (encarnados por María Costas, Evaristo Calvo, María Garat, Víctor Mosqueira, Antela Cid e Santi Romay), pero cando eles planea a sombra doutro presente continuamente en escea: a Mona Lisa.

A seguinte cita co espectáculo no Barco está programada para o vindeiro 11 de outubro, desta volta con danza. Será a presentación, por primeira vez no Barco, do Fiadeiro, unha das mellores agrupacións de danza galega, dentro do programa “Danza a 3” que promove a AGADIC.

Texto e fotos: Ángeles Rodríguez
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button