PolíticaÚltima hora

O socialista Abel Caballero, alcalde de Vigo, novo presidente da FEMP

Da nova xunta de goberno forma tamén parte o popular Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, novo presidente da FEMP./ Foto: FEMP.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, novo presidente da FEMP./ Foto: FEMP.

“Necesitamos reformar a Constitución para regular constitucionalmente as competencias das entidades locais, recoñecer a nosa autonomía política e funcional, e apoiar aos municipios pequenos. Queremos que o desenvolvemento do réxime xurídico local se faga mediante unha lei orgánica. É preciso frenar as decisións irrespetuosas doutras administracións, que limitan as capacidades dos concellos”. Era unha das mensaxes que lanzaba o socialista Abel Caballero, alcalde de Vigo, como novo presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Pronunciaba este discurso o 19 de setembro na sesión de clausura do XI Pleno deste organismo no Pazo Municipal de Congresos de Madrid.

Tamén incidía en que “queremos unha nova lei de financiamento das facendas locais. Queremos máis e mellor financiamento” e facía un recoñecemento aos “alcaldese alcaldesas dos municipios pequenos. A súa paixón é o traballo polos veciños. Sen salario, sen ingreso algún; salario, cero”. Con Caballero o partido socialista recupera a presidencia da FEMP, despois de catro anos de goberno popular. Esta entidade vén de renovar a súa xunta de goberno, integrada por 25 membros. Dela tamén forma parte o popular Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, como vogal.

Para Baltar o reto para o municipalismo español nesta lexislatura que empeza “é claro: pasa por unha reformulación do financiamento local para que as competencias de concellos e deputacións se poidan desenvolver a completa satisfacción dos cidadáns”. Ademais resume en dous aspectos, os servizos públicos de calidade e as administracións máis eficientes, os ámbitos nos que é necesario incidir para facer mellor política e xestión local e provincial.

Membros da xunta de goberno da FEMP./ Foto: FEMP.
Membros da xunta de goberno da FEMP./ Foto: FEMP.

Artigos relacionados

Back to top button