ConcellosÚltima hora

O socialista Aquilino Domínguez, novo alcalde de Parada de Sil

Aquilino Domínguez, no centro da imaxe, co grupo de goberno socialista de Parada de Sil.

Cunha nova maioría absoluta socialista afronta a nova lexislatura o Concello de Parada de Sil. A nova Corporación constituíase nun pleno neste 15 de xuño cunha representatividade de cinco concelleiros do PSdeG-PSOE e dous do PP.

O edís electos tomaban posesión nesta sesión plenaria, na que tamén resultaba elixido como novo alcalde de Parada de Sil o socialista Aquilino Domínguez, que ocupara o cargo de tenente de alcalde na anterior lexislatura.

Foto cedida polo equipo de goberno.

Artigos relacionados

Back to top button