Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

O socialista Miguel Bautista visita o autobús do PSOE na Rúa

O alcalde de Petín e deputado provincial achegouse ata a presentación da lista do PSdeG rues
O alcalde de Petín e deputado provincial no autobus do PSOE. /Foto: Carlos G. Hervella.
O alcalde de Petín e deputado provincial no autobus do PSOE. /Foto: Carlos G. Hervella.

Na chuviosa tarde do xoves 9 de abril, o autobus electoral do PSOE que está percorrendo diferentes localidades de toda España, recalaba na Rúa. Alí, diante da praza José Antonio Míguez Freire, o candidato socialista á alcaldía da Rúa, Luis Fernández Gudiña presentaba a lista que encabeza unha campaña máis, e coa que concorrerá ás eleccións municipais do 24 de maio.

Aproveitando a parada do autobus en terras valdeorresas, o socialista Miguel Bautista Caraballo, alcalde de Petín e deputado provincial achegouse ata A Rúa para apoiar aos seus compañeiros de partido.

Artigos relacionados

Back to top button