PolíticaÚltima hora

O socialista Pablo Salgado renuncia ao seu cargo de concelleiro en Viana por incompatibilidade profesional

O vianés Pablo Salgado durante a campaña electoral das municipais./ Foto: Carlos G. Hervella.

Apenas dúas semanas despois de tomar posesión como concelleiro en Viana do Bolo, o socialista Pablo Salgado, que lideraba a lista do partido nas municipais, vén de presentar a súa renuncia ao cargo debido a unha incompatibilidade profesional, tal e como el mesmo explicaba ao Periódico O SIL. “Valorei o tema e ao final optei por presentar a renuncia. Isto non significa que deixe o partido nin que non sigamos negociando co BNG no Concello  de Viana”, comentaba.

Unha vez se faga efectiva a súa renuncia, o seu posto sería, en principio, ocupado polo seguinte na lista do PSdeG-PSOE, Santiago Barja, quen xa fora concelleiro anteriormente. Nestes momentos o partido socialista de Viana conta con tres edís na Corporación.

Artigos relacionados

Back to top button