CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O son da gaita galega chega a Bélxica da man de Redegaita

A banda de gaitas ourensá actuou na Grand Place de Mons
Redegaita no Concello de Mons. /Foto cedida.

A recepción oficial por parte das autoridades locais de Mons (sede militar da OTAN), foi unha das actuacións destacadas de Redegaita na súa visita a Bélxica.

Dirixida por Jhonathan Ferreira, a banda de gaitas ourensá celebrou un concerto ante 10.000 persoas na Grand Place de Mons onde interpretaron melodías de xénero celta, engaiolando ao público coa Polka de Morvan, “un tema de gaita flamenca que rapidamente recoñeceron os asistentes batendo palmas cun sorriso acompañando á banda durante a actuación”, explica Ferreira, engadindo que o broche “foi o momento onde saímos desfilando a ritmo de gaitas e percusión pola porta principal do Concello de Mons, cun gran despliegue de luz e son interpretando diante de toda a cidade a melodía himno de Mons Dou Dou, que fai referencia á lenda dun dragón, melodía que ademais tivemos o pracer de interpretar con tres orquestras máis”.

Xa de regreso en España, a banda prepárase para unha nova viaxe no mes de xuño, desta volta a París (Francia) para clausurar o Festival Celta Internacional de Emmerainville, onde será a convidada de honra.

 

Redegaita na Grand Place durante o tradicional Dou Dou. /Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button