CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O son do Folión Os Viticultores envolve as rúas de Vilamartín de Valdeorras

 

Tras máis de ano e medio sen apenas tocar e moito menos xuntarse, os membros do Folión Os Viticultores tiñan ganas de coller de novo os bombos e as aixadas e facer o que máis lles gusta, achegar o seu toque aos seus veciños. Por iso, malia o calor, non dubidaron e percorrer as rúas de Vilamartín de Valdeorras na tarde deste sábado 4 de setembro, envolvendo co son do Entroido cada recuncho da localidade.

 

 

Visto que a situación sanitaria aínda non permite as aglomeracións, a intención dos Viticultores era facer unha ronda polo pobo (eles sos) xa no mes de xullo pero un brote de positivos de Covid-19 impedíalles levalo a cabo, aprazando o desfile ata este mes de setembro. E hoxe por fin, conseguíano. Saíndo en torno ás sete da tarde da Rodeleira e co acompañamento de Protección Civil, o folión percorría a rúa xeral ata chegar á praza Xosé Luis Núñez collendo despois ata as piscinas, na zona xa do Bañadoiro, con veciños aplaudindo ao longo do percorrido.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button