CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O son dos anos 70 e 80 envolverá a festa de fin de curso do CEIP Julio Gurriarán

A ANPA Aturuxo organiza o evento que terá lugar o 22 de xuño a partires das 9:30h.
Cartel da festa hippie do ANPA Aturuxo, no CEIP Julio Gurriarán.

A comezos de febreiro deste ano, constituíase a nova directiva da ANPA Aturuxo do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras. Un grupo formado por xente nova que collía as rendas da asociación con enerxías renovadas e moitos obxectivos.

Entre as actividades prevista para este curso, a piques xa de rematar, estaban a participación na festa de Entroido do colexio e na dos Maios do Barco; seguir loitando polo pavillón; e a organización da festa de fin de curso, “se nos sae ben o que temos pensado, vai soar”, aseguraba a nova presidenta, Gloria Chimeno, na presentación.

Os meses pasaron e foron cumprindo obxectivos ata chegar ao prato forte e por fin teñen data. O vindeiro 22 de xuño a partires das 9:30h. celebrarase a festa de fin de curso organizada pola ANPA Aturuxo coa colaboración do Ceip Julio Gurriarán, Ton y Son e Mantesil.

Dende a asociación adiantan que o tema sobre o que xirará a actividade será o ambiente hippie, polo que “tod@s @s nen@s que queiran poden vir disfrazados dos anos 70, 80 para bailar, saltar e cantar a ritmo de guateque”. Haberá colchonetas, pintacaras, photocall, e tamén pica-pica e música a cargo do grupo local Los Íñigos. Nada mellor para dar a venvida ao verán e ás vacacións.

Artigos relacionados

Back to top button