CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

O son sesenteiro de The Phantom Keys, no Barco

O grupo ourensán, que se move no rhythm and blues, actuaba na noite do 6 de decembro na Sala Baranda

Catro anos despois da gravación do seu disco “The Real Sounds of…”, realizado no verán do 2011 no Barco, os membros de The Phantom Keys reuníanse nesta vila para dar o seu primeiro concerto na comarca valdeorresa. Nel facían un repaso polos temas incluídos nese traballo pero tamén adiantaban o seu futuro single.

Desta formación musical ourensá, que está a celebrar ademais o seu décimo aniversario cunha xira, forma parte Nacho Hermida, afincado no Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button