CulturaMúsicaÚltima hora

O son sixties de Phantom Keys no Barco de Valdeorras

A banda galega actuará na sala Baranda o domingo 6 de decembro ás 21 horas
Cartaz do concerto de Phantom Keys no Baranda.
Cartaz do concerto de Phantom Keys no Baranda.

Música galega e o son garaxe e rythm’n’blues blues 60′. Son as propostas da Sala Baranda para esta fin de semana coa actuación de Susana Seivane o sábado 5 de decembro a partires das 23:30 horas e Phantom Keys, de forma excepcional o domingo día 6 ás 21 horas.

Coa excusa de celebrar o X aniversario do grupo que xurdía en O Grove, The Phantom Keys regresa á estrada nunha xira que os levará por algunhas das salas e festivais máis destacados do panorama musical de España e Europa.

A piques de editar un novo single, a banda galega da que forma parte Nacho Hermida, residente no Barco de Valdeorras, comezaba a xira de aniversario a mediados de novembro en Madrid e xa en decembro tocarán en O Grove e tamén na sala Baranda do Barco. Coa actuación en Valdeorras, a primeira na comarca, pechan o ciclo aberto hai uns anos coa creación do disco “The Real Sounds of…”, gravado precisamente no Barco en 2011. “Tiñamos ganas de tocar aquí, o lugar onde naceu o disco, para darlle un pouco de promocióon, nunha sala relevante como o Baranda”, explica Nacho, no grupo dende hai uns seis anos, convidando a asistir ao concerto a todo aquel ao que lle guste o rythm’n’blues blues de bandas como Pretty Thins, Dowliners Sect, Tell Tale Hearts e Wylde Mammoths cara o que orientaron o seu son, sempre mantendo o espírito sixties garage-punk co que se deron a coñecer.

Cunha longa traxectoria de actuacións en salas de toda España e Europa, con convites para tocar incluso no lexendario Cavern Club de Liverpool, despois do concerto no Barco de Valdeorras a banda que ensaia en Madrid (os seus cinco membros atópanse espallados por toda a xeografía española), continuará a xira por León, a Comunidad Valenciana, Euskadi e Andalucía.

Cartaz do concerto de Susana Seivane no Barco.
Cartaz do concerto de Susana Seivane no Barco.

A entrada para o concerto de Susana Seivane será de 8 euros anticipada (Ton y Son) e 10 euros en taquilla. A de Phantom Keys será única a 5 euros.

Artigos relacionados

Back to top button