CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O son tradicional ourensán dará a volta ao mundo

O gaiteiro Jhonathan Ferreira, director da Banda de Gaitas Redegaita e profesor da Real Banda de Gaitas, participará no programa virtual #AulaGaliciaAberta

Jhonathan Ferreira con Carlos Núñez. /Foto: Jandro Los Erre.

 

Jhonathan Ferreira, director da Banda de Gaitas Redegaita e profesor da Real Banda de Gaitas, levará a súa música a todos os confíns do mundo a través de internet nunha nova iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración. Será a través do programa #AulaGaliciaAberta onde gaiteiro ourensán dará clases de gaita galega dende nivel cero e dende a súa casa, pero chegando a fogares de todo o planeta, xa que tal como ele mesmo explica, “son moitas as persoas que a través das redes sociais confirmaron a súa asistencia a estas aulas, de países como Arxentina, México, Chile, Alemaña, Estados Unidos ou Barcelona, entre outros”.

Jhonathan Ferreira leva colaborando en iniciativas docentes da Xunta dende o ano 2004, sendo un dos referentes da institución dentro dos programas dirixidos a emigrantes que o levaron a viaxar por todo o mundo ensinando os costumes e cultura musical galega.

 

Jhonathan Ferreira en concierto. /Foto Jandro Los Erre.

 

Os obradoiros comezarán a emitirse en directo vía streaming a través do Facebook da Secretaría, GaliciaAberta e Jhonathan, encargado das clases de gaita galega, estará todos os mércores durante as vindeiras dez semanas en horario de 20 a 21 horas. A continuación da clase, adicará os seguintes 60 minutos a resolver as dúbidas que plantexen os usuarios dende calquera parte do mundo.

Artigos relacionados

Back to top button