CulturaCulturaÚltima hora

O Sonoro Maxín actuará este xoves, 20 de agosto, na Valenzá (Barbadás)

O espectáculo terá lugar no Parque dos Patos, ás 21:00h

A localidade da Valenzá, no Concello de Barbadás, acollerá o xoves 20 de agosto a actuación musical do Sonoro Maxín. A actividade terá lugar no Parque dos Patos, ás 21:00h, e forma parte do Programa de Verán e da REAOU (Rede de Auditorios Provincial de Ourense). O espectáculo leva por nome “De Navallas e Cumbias” e nel, os músicos interpretarán temas de xéneros como a verbena, a música de baile ou o rap fusión. A actividade está recomendada para todos os públicos e a entrada será gratuíta.

 

Cartel da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button