EconomíaEconomíaÚltima hora

O sorteo de San Valentín do Barco CCA xa ten ganadores

Imaxe do sorteo./ Foto cedida.

No marco da campaña de San Valentín “O Barconamora”, os establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco repartían entre os seus clientes boletos de participación para o sorteo de catro ceas para catro parellas.

O sorteo celebrábase o 19 de febreiro nas oficinas do CCA O Barco. As encargadas de extraer as catro papeletas premiadas da urna foron a presidenta e vicepresidenta da asociación, Sandra Moldes e Ángeles Rodríguez, respectivamente.

Os participantes afortunados e que poderán desfrutar o 7 de marzo das súas ceas de San Valentín son:

1. Elena Rodríguez. Boleto selado en Perfumería Damas-Escuredo. Premiada cunha cea para dúas persoas en Casa Galaica.

2. Cristian Sotelo. Boleto selado en Tri-Sport (O Barco). Premiado cunha cea para dúas personas en Restaurante Fernando III.

3. Jesús Andrés. Boleto selado en Garoba. Premiado cunha cea para dúas persoas en La Gran Tortuga.

4. Ángel García Álvarez. Boleto selado en A Manduca. Premiado cunha cea para dúas persooas en Piquiño Restaurante.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close