CD ArenteiroCD BarcoDeportesFútbolOurense CFUD OurenseÚltima hora

O sorteo do calendario da 3ª división de fútbol celebrarase o xoves 24 de setembro

CD Barco, UD Ourense, CD Arenteiro e Ourense CF, incluídos no grupo B, comezarán a competición o 18 de outubro

Primeiro adestramento da tempada do CD Barco, en Calabagueiros. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Xoves 24 de setembro ás 17h. É a data e a hora feitas pública pola Real Federación Galega de Fútbol para a celebración, na súa sede en Santiago, do sorteo do calendario da terceira división de fútbol, categoría na que compiten catro equipos ourensáns (CD Barco, UD Ourense, CD Arenteiro e Ourense CF), agrupados este ano no grupo B (Ourense e Pontevedra).

O CD Barco era o primeiro en arrancar a pretempada o pasado 14 de setembro, sen saber aínda cando comezaría a competición, cuxa data será finalmente o 18 de outubro, podendo formalizarse a inscrición de futbolistas ata o 5 de outubro de 2020 e posteriormente do 4 de xaneiro ao 1 de febreiro de 2021.

Así o especifica a RFGF nas bases de competición para a vindeira tempada puntualizando que “a terceira división desenvolverase en tres fases, das cales, a primeira corresponderá á competición regular, a segunda abarcará tres fases específicas (2ª fase para segunda división RFEF, 2ª fase pola fase final para segunda división RFEF e 2ª fase pola permanencia en terceira división RFEF) e a terceira corresponderá á fase final de eliminatorias a segunda división RFEF/play off de ascenso”.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close