DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Sporting Manzaneda imponse ao CVC Valladares

Este equipo do oriente ourensá está a competir, por vez primeira, na liga galega sur de fútbol sala

Cunha clara vitoria saldaba na tarde do 15 de outubro o Sporting Manzaneda F.S. o seu quinto partido na liga galega sur de fútbol sala. Xogaban na casa e medíanse co, nese momento, terceiro equipo da táboa, o vigués C.V.C Valladares-Globomar. Xa dende un principio o conxunto local dominaba o partido, pero tivo que encaixar un primeiro gol e, despois, outros dous, sen embargo lograba asegurar o seu triunfo ata o final. O xogo remataba cun resultado de 6 goles a 3.

Este encontro, tal e como sinala o técnico do Sporting Manzaneda, Fermín Santoveña, marca un cambio de rumbo na traxectoria deste equipo, que iniciaba a competición con numerosas baixas, debido, principalmente ás lesións. E iso ademais nunha liga na que debuta, tras o seu ascenso na pasada campaña dende a liga provincial. O próximo rival do equipo de Manzaneda será, na vindeira xornada, o Arealonga Construcciones Castro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button