DeportesÚltima hora

O Sporting Manzaneda, nas semifinais da Copa Deputación

Este equipo de fútbol sala do oriente ourensán loitará polo título na fin de semana do 20 e 21 de xuño
Un dos xogadores do Sporting Manzaneda, durante un partido./ Foto: Carlos G. Hervella.
Un dos xogadores do Sporting Manzaneda, durante un partido./ Foto: Carlos G. Hervella.

Logo dunha boa tempada na liga regular, que lle valía o terceiro posto na clasificación provincial de fútbol sala, o Sporting Manzaneda está a desputar a Copa Deputación. Os triunfos nas diversas xornadas veñen de colocar a este club do oriente ourensán nas semifinais, que se xogarán na fin de semana dos días 20 e 21 de xuño nos Peares.

Ademais do Sporting, hai outros tres equipos que loitarán polo trofeo nesta competición: A Gudiña, Os Peares e o Hnos. Carral/ Pub Deluxe. As semifinais, nas que o Sporting se medirá cos Peares e A Gudiña co Pub Deluxe, serán na tarde do sábado. Os vencedores pasarán a final, prevista para o día 21 de xuño.

Artigos relacionados

Back to top button