DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Sporting Manzaneda non dá tregua na provincial

Vén de impoñerse na casa con goleada ao segundo clasificado da táboa, o Hermanos Carral-Pub Deluxe

Entre o son das cornas, dos bombos e dos aplausos remataba no pavillón polideportivo de Manzaneda na tarde do 19 de marzo un encontro especialmente desputado. O Sporting Manzaneda, líder invicto da categoría provincial de fútbol sala, enfrontábase co segundo clasificado da táboa, o Hermanos Carral-Pub Deluxe.

Tras unha primeira parte moi igualada e que concluía cun marcador de tres goles a dous e favorable aos locais, arrancaba un segundo tempo no que mudaba por completo o panorama. O Sporting Manzaneda imprimía, en medio dun xogo tenso, un ritmo de goles difícil de seguir para o club visitante. Finalmente, o encontro remataba cunha contundente vitoria do Sporting Manzaneda por 9 goles a 3.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button