Galerías de fotosOurenseÚltima hora

O subdelegado do Goberno en Ourense augura “un futuro decisivo” aos drons en materia de seguridade

España conta con case 3.000 operadores e 74 escolas autorizadas, máis de 3.750 pilotos e máis de 4.000 aeronaves habilitadas para uso profesional

As aeronaves non tripuladas “poden ofrecer unha perspectiva única cun custe moi reducido en comparación coas técnicas tradicionais de vixilancia. Ademais, os drons de uso profesional poden dirixirse a un punto en concreto onde saltara calquera tipo de alarma, cubrir a zona de emerxencia e proporcionar datos obxectivos e en directo aos actores desa emerxencia. Isto fai deles unha tecnoloxía moi útil e de vital importancia para unha actuación rápida e eficaz dos corpos de seguridade”. Con estas palabras o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro deixaba constancia da importancia dos drons, no acto inaugural do encuentro de membros da Axencia Estatal de Seguridade Aérea con representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que se levou a cabo o venres 25 de maio no marco do Congreso Internacional de Drons.

Segundo os datos da subdelegación, España conta con case 3.000 operadores e 74 escolas autorizadas, máis de 3.750 pilotos e máis de 4.000 aeronaves habilitadas para uso profesional. “E as previsións apuntan a que estas cifras se multiplicarán por 30 nos próximos quince anos”. De feito, o uso de RPAS (siglas en inglés para denominar aos sistemas de aeronave non tripulada operada por control remoto) para seguridade e salvamento ocupa un espazo propio en el Plan Estratégico para o desenvolvemento do sector civil de drons 2018-2021, elaborado polo Ministerio de Fomento.

“As cifras que manexa este documento sobre o futuro dos drons na materia son clarificadoras”, aseguran dende a subdelegación, engadindo que no ano 2035 “farán falta en España 16.000 drons dos cales 7.000 se destinarían ás tarefas de vixilancia e outros 9.000 ás actividades de primeira resposta. A estimación é que haberá 1 dron por cada catro coches de policía e 1 dron por cada 2 camións de bombeiros”.

Fotos cedidas pola subdelegación do Goberno en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button