OurenseÚltima hora

O subdelegado do Goberno en Ourense participa na reunión da UME en León

Neste encontro abordábanse os medios e capacidades dos que dispón este batallón para facer fronte ás posibles emerxencias que poden xurdir dentro das competencias da súa área de responsabilidade
Un dos momentos desta reunión da UME.

Co fin de ter un coñecemento directo de medios e capacidade para a xestión de emerxencias e prevención dos lunes, o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, acudía na mañá do 6 de novembro a unha reunión na base “Conde de Gazola” sede do Quinto Batallón de Intervención en Emerxencias.

Nela o tenente xeneral Miguel Alcañiz Comas, xefe da Unidade Militar de Emerxencias (UME), mantiña unha xuntanza de traballo cos delegados e subdelegados do Goberno de Galicia, de Castela e León, Cantabria e Asturias. No seu decurso dábanse a coñecer os medios e capacidades dos que dispón este batallón para facer fronte ás posibles emerxencias que poden xurdir dentro das competencias desta área de responsabilidade.

Na xuntanza analizábanse as posibilidades para a prevención e actuación na loita contra os lumes forestais, rescate vertical, búsqueda e rescate urbano, rescate acuático, tormentas invernales, inundacións, etc. O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, considera que esta é unha área de traballo moi relevante na provincia debido ao alto risco que existe cos lumes e destaca que se trata dun tema ao que lle concederá “especial atención para lograr mellorar a prevención e a actuación”.

 

Os asistentes á xuntanza na sede do batallón en León.

Artigos relacionados

Back to top button