EconomíaEconomíaÚltima hora

O subdelegado do Goberno en Ourense reúnese no Barco con alcaldes e empresarios de Valdeorras

Emilio González deu a coñecer o balance das obras de conservación e mellora do firme e da seguridade viaria na N-120 por un valor superior aos 12 millóns de euros

 

Na mañá do 20 de decembro o subdelegado do Goberno en Ourense Emilio González achegábase ata O Barco de Valdeorras para manter unha reunión informativa cos alcaldes e empresarios da comarca de Valdeorras para facer balance das obras de conservación e de mellora do reafirmado e da seguridade vial na N-120 durante o ano 2019 e o último semestre do 2018, valoradas en máis de 12 millóns de euros, incluíndo o tramo pertencente á provincia de Lugo. Así mesmo, lembrou a contratación da circunvalación de O Barco de Valdeorras, actuación que contará cun custe final de 54 millóns de euros.

Na reunión estiveron presentes os alcalde do Barco, Alfredo Garcia; de Vilamartín, Enrique Álvarez; de Petín, Raquel Bautista; de Larouco, Patricia Lamela; e de Carballeda de Valdeorras, Mª Carmen González, así como os xerentes do Clúster da Pizarra, Severino González e de AEVA, Luisa López, e o vicepresidente da asociación de empresarios, Santiago Melo. A todos eles, o subdelegado transmitiulle a “especial preocupación que ten o Goberno en manter a N-120 nas mellores condicións, posto que esta vía supón para o tráfico pesado a segunda máis importante da provincia despois da A-52”.

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, no Barco.

 

Así mesmo, Emilio González afirmou que “se seguirá traballando para garantir a seguridade da N-120”, sinalando que o 14 de maio se aprobou un proxecto de rehabilitación do firme da N-120 e 536 nos termos municipais de Rubiá, O Barco de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Vilamartín, A Rúa e Larouco cun investimento de 1,6 millóns de euros. Igualmente lembrou que se atopan en redacción proxectos para a implantación de carrís de adiantamento na N-120 na zona de Os Peares e no Alto da Guítara, así como o proxecto para a construción do enlace e da reordenación de accesos en Vilamartín de Valdeorras, “demanda histórica da comarca”. O subdelegado do Goberno tamén deu a coñecer o estado dos proxectos dos tres subtramos da A-76 Ponferrada-Ourense, posto que o Estado traballa intensamente na redacción dos mesmos, ao igual que no proxecto da circunvalación de Monforte de Lemos, asegurando que están seguinda a axenda de proxectos. “Considérase dun tramo prioritario pola demanda de tráfico que hai, o tramo entre Ponferrada e O Barco”.

Os presentes agradeceron a información transmitida pero tamén fixeron as súas demandas. O vicepresidente de AEVA, asegurou que non lles dixo nada novo xa que levan “máis de 20 anos coas reivindicacións e as reparacións que fan, son parcheos que se levantan ao poudo tempo”. Con respecto á futura autovía, explicou que o que agora lles preocupa é a N-120 e máis concretamente o tramo dende o Alto da Guítara ata Velle no que se produxeron varios desprendementos. “Hai que facer un estudo integral da ladeira”, dixo.

 

O vicepresidente de AEVA, Santiago Melo, duante a súa intervención.

 

A alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, mostrou o seu descontento co mantemento que se leva a cabo nas estradas, concretamente na 536. “Non se limpan as cunetas e iso provoca que esté totalmente encharcada”, dixo, solicitando que se lles fose informando sobre os proxectos que avanzan en torno á A-76 “para ir solucionando pequenos problemas que haxa na redacción do procecto. Pido prioridade para Valdeorras porque é a zona de Ourense que máis aporta a nivel económico “. O alcalde do Barco pola súa banda demandou un maior grao de conservación da N-120 mentres non se leve a cabo a infraestrutura da A-76, “porque ese proxecto levará a seu tempo e hai que buscar unha solución intermedia”, dixo cedendo a palabra á alcaldesa de Larouco, sinalou a necesidad de arranxar o tramo da N-636 que tamén comunica con Ourense e quedou sen arranxar.

A modo de conclusicón, Emilio González incidiu en que dende o primeiro momento o Goberno está a traballar nas necesidades que ten a provincia de Ourense en materia de vías de comunicación”, salientando o intenso traballo que o Ministerio de Fomento está a levar a cabo para reparar o firme da N-120 na zona.

Artigos relacionados

Back to top button