OurenseÚltima hora

O subdelegado do Goberno en Ourense visita os postos de control fronteirizo en Verín-Feces de Abaixo

Estivo acompañado polos mandos dos corpos de seguridade do Estado

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, xunto co xefe superior da Policía Nacional en Galicia, José Luis Balseiro, e co comisario xefe provincial, Juan Carlos Blázquez, visitaron as instalacións dos postos de control fronteirizo en Verín-Feces de Abaixo para comprobar o traballo que están a realizar os diferentes efectivos de vixilancia e control terrestre da fronteira.

 

 

Neste encontro, fíxose unha avaliación das medidas de control para a circulación entre as rexións transfronteirizas e que afectan á actividade laboral de traballadores e ao fluxo comercial entre Galicia e Portugal. Así, chegouse á conclusión de que o posto fronteirizo de Verín-Feces de Abaixo facilitou nos días máis concorridos o tránsito dunhas 2.000 persoas. A mediodía do día de hoxe, o fluxo contabilizado era dunhas 700 persoas aproximadamente.

 

 

Emilio González concluíu agradecendo “a labor e o esforzo que están a demostrar os funcionarios adscritos a estes puntos de control de fronteiras coa súa dedicación”.

Artigos relacionados

Back to top button