SanidadeÚltima hora

O TAC, máis preto do Hospital Comarcal Valdeorras

Este equipamento está incluído no investimento do Sergas que vén de aprobar o Consello da Xunta

 

Entrada principal do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.
Entrada principal do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

Na súa xuntanza do 15 de xaneiro o Consello da Xunta aprobaba un investimento de 88 millóns de euros que o Servizo Galego de Saúde (Sergas) investirá na contratación de alta tecnoloxía. “O novo contrato cubrirá as necesidades de realización de probas e procedementos de diagnóstico por imaxe, intervencionismo, medicina nuclear e radioterapia –o que se denomina alta tecnoloxía- no Sergas”, segundo se informa dende a Xunta de Galicia.

Dentro deste investimente inclúese a dotación do equipamento o TAC do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco, así como a posta en marcha do novo Hospital de Vigo; ampliación da carteira de servizos no Hospital Lucus Augusti coa incorporación dos procedementos de radioterapia e medicina nuclear e o proxecto de central de imaxe médica e proxecto de xestión da dose.
“Na actualidade, invitarase as empresas a presentar unha oferta final de acordo coa solución idónea establecida nos documentos de especificacións técnicas, xurídicas e económicas. As próximas actuacións, unha vez que as empresas presenten as súas ofertas, serán a valoración e posterior adxudicación das ofertas presentadas, que culminará coa formalización dos contratos”, segundo se informaba dende a Administración galega, tras o Consello da Xunta.

 

Artigos relacionados

Back to top button