ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O teatro abre as festas de San Roque na Rúa

O programa estenderase ata o luns 24 de agosto e incluirá actividades como a Volta Ecolóxica

Diálogos, música de gaita e cantos en directo e moito humor. Coa representación de “A zapateira Prodixiosa”, adaptación en galego que a agrupación de teatro A Ruada fixo do texto de Federico García Lorca, dábase pistoletazo de saída ás festas de San Roque na Rúa.

A obra tiña lugar coma sempre na praza César Conti, na noite do 20 de agosto e a partires de aí, A Rúa Vella contará con catro días de festa na honra ao patrón. Hoxe, venres 21 de agosto en torno ás 23h. a música tomará o Campo de San Roque da man de dúas agrupacións locais: Abertal de música tradicional, e Tornaxeira de folk. Xa de cara á verbena, o baile correrá por conta da discoteca móbil Danzalia.

O sábado 22 de agosto o programa continuará co tradicional torneo de tute nos bares, entre as catro e as sete, momento no que arrancará a Volta Ecolóxica que este ano cumpre 35 anos, dende a praza ata o campo. Ese día tamén haberá pasarrúas e xa de tarde, o baile estará amenizado pola orquestra Pontevedra que tamén actuará en sesión verbena.

A festa continuará o domingo 23 de agosto coa misa ás 12:30h. seguida da procesión ata a capela que custodia a imaxe do santo todo o ano. A banda de música de Xinzo de Limia amenizará a sesión vermú no campo e tamén dará un concerto pola tarde (19h.) na praza. O baile da noite e madrugada correrá a cargo da orquestra Jerusalén.

O derradeiro día do programa festivo será o luns 24 de agosto con pasarrúas de gaiterios, misa ás 12:30h. na capela de San Roque, sesión vermú coa orquestra Fin de Siglo, que tamén amenizará a festa de tarde e verbena, e actividades para os nenos na praza. O fin de festa será coma sempre de madrugada, coa chocolatada á que convida a comisión de festas.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button