CulturaCulturaÚltima hora

O teatro de A Ruada abre as festas de San Roque na Rúa Vella

Representará “A voda do esganarello” o xoves 16 de agosto ás 22h. na praza César Conti
Membros do grupo de teatro A Ruada antes dunha representación./ Foto: Mónica G. Bellver.

Do 16 ao 21 de agosto a festa, na honra de San Roque, envolverá á Rúa Vella. Como vén sendo habitual, será o grupo de teatro A Ruada quen marque o inicio coa representación da obra “A voda do esganarello” o día 16 ás 22h. na praza César Conti.

Ao día seguinte, ás 21h. terá lugar o traslado da imaxe de San Roque dende a capela ata a igrexa de Santo Estevo despois da novena que se celebrará dende o 8. E xa pola noite chegará a música ao campo da man de Sr. Jingles e Clon Bois, pechando a verbena a discoteca móbil Danzalia.

Os actos continuarán ata o 21 de agosto con diversas propostas musicais e lúdicas, entre elas a Volta Ecolóxica prevista para o sábado 18 de agosto ás 19h.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button