CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

O teatro e a comedia inundan Arcos no seu primeiro día de festa

O seu grupo teatral interpretou onte, venres 9 de agosto, a obra “Sancho na ínsula barataria”, a carón do local social do pobo

 

O Grupo de Teatro de Arcos.

 

O Grupo de Teatro de Arcos inauguraba onte, 9 de agosto, as actividades das Festas de San Lourenzo. As inmediacións do local social do pobo abarrotábanse de xente ás 22:00 horas para desfrutar da representación “Sancho na ínsula barataria”, ambientada na chegada do Quixote a dita ínsula.

Como xa é tradicional, o humor reinou nesta actividade, xa que como explica o director do grupo, David Vázquez, “o obxectivo dos encontros semanais, ademais de ensaiar, é sobre todo divertirse”. Así, o grupo de teatro, formado por aproximadamente 20 veciños e veciñas de todas as idades, foi ovacionado en todo momento.

 

O público durante a representación.

 

Tralo teatro, era o turno da música, onde en primeiro lugar o cantautor Musicorti, e despois DJ Karayan, remataron este primeiro día de festa. Hoxe, sábado 10 de agosto, será o turno dos cultos, con misa e procesión, e xa pola tarde a orquestra Enigma poñerá o toque musical.

Texto e fotos: Alba Prada

Artigos relacionados

Back to top button