CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Teatro Lauro Olmo do Barco abre a tempada coa estrea do espectáculo de Fantoches Baj

Esta compañía representará o vindeiro 21 de setembro ás 21h. “Auga que non vas beber”, unha proposta de monicreques para adultos con contos e cantos

 

Unha das escenas deste espectáculo de Fantoches Baj que poderá verse no Barco./ Imaxe: Fantoches Baj.

Sobre o escenario dous actores, Almudena Vidal e Inacio Vilariño, que dan vida a diversos personaxes nunha singular proposta que engarza o teatro, os monicreques para adultos, a música e a narración oral. Con “Auga que non vas beber” da compañía Fantoches Baj ponse en marcha a nova tempada teatral no Barco. Este espectáculo, que se estreará ademais no Teatro Lauro Olmo, poderá verse o vindeiro 21 de setembro ás 21h.

Trátase “dun recital satírico para monicreques” dunha hora de duración onde “salientan diversas cantigas populares como A saia da Carolina, O sermón do padre Damián ou O cura está malo, entre outros cantos e contos que remiten sempre a unha memoria colectiva de transmisión oral compartida en toda a península ibérica e que o autor enlaza para contar as aventuras e desventuras amorosas do muiñeiro Xosé coa Carolina, baixo a libidinosa tutela do padre Damián, cura de Agolada”, tal e como explica a propia compañía.

Nesta obra, cuxa posta en escena inspírase na figura do cego con monifates, Inacio Vilariño (autor e director) encarna os papeis de narrador, do padre Damián e do muiñeiro Xosé, e Almudena acompañará musicalmente a peza ao tempo que asume o papel da Carolina.

Artigos relacionados

Back to top button