CulturaCulturaÚltima hora

O Teatro Lauro Olmo do Barco acollerá entre xaneiro e maio oito propostas teatrais

Cartel coa programación do Teatro Lauro Olmo do Barco./ Foto: A.R.

 

Da man de “A lingua das bolboretas”, da compañía ourensá Sarabela, retomaranse as funcións no Teatro Lauro Olmo do Barco tras o Nadal. Esta peza, adaptación da obra literaria homónima de Manuel Rivas, representarase o vindeiro 15 de xaneiro ás 20:30h.

Será o primeiro dos oito espectáculos teatrais que están previstos no Barco entre o 15 de xaneiro e o 21 de maio, dous deles para público familiar, incluídos da RGTA e na REAOU. Estas propostas dábanse a coñecer a través un gran cartel que xa pode verse no exterior do auditorio barquense.

Trátase de “Dreaming Juliet” de Elefante Elegante o 19 de de febreiro, “Celestina la tragiclownmedia” de La Escalera de Tijera o 12 de marzo, “Os nenos da varíola” de Pérez & Fernández o 26 de marzo, “32 M2” de Butaca Zero o 9 de abril,  “A nena e o grilo máis aló” de Magín Blanco o 23 de abril, “Strela do día” de Producións Teatráis Excéntricas o 14 de maio e “Don Gaiferos” de Os Monicreques de Kukas o 21 de maio. Todos os espectáculos, agás estes dous últimos previstos para ás 20h., serán ás 20:30h.

Artigos relacionados

Back to top button
Close