CulturaCulturaÚltima hora

O Teatro Lauro Olmo do Barco retoma as funcións teatrais adiantando o horario ás 20h.

A primeira das obras que figura no programa será "Celestina La Tragiclownmedia" o vindeiro 12 de marzo ás 20h.

Escena da obra de teatro circo “Celestina La Tragiclownmedia”, que poderá verse en marzo no Barco.

 

Tras case dous meses de parón, o Teatro Lauro Olmo do Barco retomará neste mes de marzo a súa programación teatral. Pero, farao cun novo horario. “Ao persistir o horario do toque de queda ás 22h. adiantamos a hora de comezo das funcións do teatro. Serán todas ás 20:00 h.”, tal e como se vén de informar dende a Concellería de Cultura.

A primeira das funcións que figura no programa, que inclúe un total de oito propostas, será o vindeiro 12 de marzo ás 20h. Virá da man da compañía La Escalera de Tijera, que porá en escena “Celestina La Tragiclownmedia”, unha función de teatro-circo.

 

Artigos relacionados

Back to top button