CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O técnico ourensán Javi Rey adestrará ao CD Barco nas dúas vindeiras tempadas

Esta será a súa terceira etapa á fronte do primeiro equipo de fútbol barquense

O técnico ourensán Javi Rey no último ano no CD Barco, en 2018./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Apenas tres días despois da carta aberta do presidente do Centro de Deportes Barco informando da continuación da actual directiva á fronte do club alomenos ata o 50 aniversario, o club barquense vén de comunicar outra importante nova: o regreso de Javi Rey como adestrador do primeiro equipo de 3ª división durante as dúas vindeiras tempadas.

Está será pois a terceira etapa do técnico ourensán no Barco onde é moi coñecido e querido, tanto pola directiva como polos xogadores e a afección tralos éxitos colleitados nas dúas etapas anteriores como adestrador vermello. A primeira unicamente duraba unha tempada, cando lograban o ascenso a Preferente Autonómica, pero a segunda que remataba no 2018 durou cinco tempadas durante as cales se lograba o ansiado e merecido ascenso a Terceira División onde se consolidaba o CD Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button