CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

O tema do Dúo Dinámico “Resistiré”, versionado por Miguel Arias

O vocalista de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) vén de facer a súa particular interpretación da canción de 1988

Miguel Arias no Baranda. /Foto cedida.

 

A Miguel Arias, o vocalista natural de Arcos (Vilamartín de Valdeorras), o confinamento polo estado de alarma pillouno en casa, nun momento no que regresaba aos escenarios despois dun ano afastado por cuestión de traballo. Facíao cun concerto “moi cercano” que celebraba o 7 de marzo na Sala Baranda acompañado por Álvaro Manzanas ao piano, pero xa non podía seguir co calendario, polo menos de momento.

O que non deixou de facer nestes días sen saír de casa, foi crear, temas propios que moi pronto verán a luz e tamén versións. Adaptacións como a que fixo do mítico Resistiré que o Dúo Dinámico editaba en 1988 e hoxe está máis de moda que nunca. “Tras darlle varias voltas decidín facer a miña versión deste tema para compartila nas redes porque, aplicado a estes momentos, fala do fortes que temos que estar, ademais de ser un canto á positividade malia ás adversidades”, di Miguel, asegurando que é a primeira canción que se graba a si mesmo. “Boto de menos ao equipo que sempre me axuda”, recoñece, asegurando que son estes momentos “os que nos ensinan a valorar, máis se cabe, absolutamente todo”.

 

Artigos relacionados

Back to top button