A borrasca Hortensia deixaba ao seu paso importantes desperfectos no polideportivo municipal de Castro Caldelas. Os fortes ventos arrancaban boa parte da súa cuberta, tal e como pode verse nestas imaxes cedidas polo Concello de Castro Caldelas, que quedaba dobrada e esparexida polas proximidades destas intalacións.