CarballedaConcellos

O temporal de neve e vento provoca incidencias nas estradas de Valdeorras

Producíase un desprendemento na N-536, en Carballeda e hai neve acumulada na OU-122

 

Corte de vía por acumulación de neve e mesmo desprendementos. É o balance do paso da borrasca Bella polo termo municipal de Carballeda de Valdeorras.

Na mañá deste luns 28 de decembro, o 112 Galicia informaba dun desprendemento que cortaba un carril na N-536 PK 36, no termo municipal de Carballeda de Valdeorras. Ata alí desprazábase unha patrulla do destacamento da Garda Civil do Barco pero cando chegaban, a vía xa se atopaba libre. “O incidenre era resolto sen novidade por Conservación de Estradas”, tal como informan dende a Garda Civil.

Nesta mesma mañá, unha patrulla de seguemento cidadá do posto do Barco, emitia unha mensaxe de “precaución na OU-122 a partir do PK 18 e intransitable a partir del PK 20, nivel negro por neve”.

Artigos relacionados

Back to top button