DeportesÚltima hora

O tenista rues Luis Morillo participará no torneo Futures “Cidade de Ourense”

O evento deportivo, que se desenvolverá do 6 ao 13 de agosto no Club Santo Domingo, reunirá a máis de 70 tenistas
O tenista rues Luis Morillo.
O tenista rues Luis Morillo.

Máis de 70 xogadores chegados de 17 países como Xapón, Bolivia e Arxentina, entre outros, daranse cita na IX edición do Torneo Futures “Cidade de Ourense” que se celebrará nas instalacións do Club Santo Domingo, en Pereiro de Aguiar, do día 6 ao 13 de agosto.

A presentación desta celebración deportiva, na que se darán cita algúns dos mellores proxectos de estrelas do panorama tenístico mundial, tiñao lugar na mañá do 3 de agosto no Salón de Plenos do Concello de Ourense, contando coa asistencia do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; do alcalde do Concello de Ourense, Jesús Vázquez; do xefe do servizo de Deportes da Xunta, Mario Guede; do vicepresidente da Federación Galega de Tenis, Jose Mosquera; e do director do Torneo, Javier de la Torre.

Rosendo Fernández explicou que este torneo de tenis profesional, “está regulado pola Federación Internacional de Tenis, formando parte dun circuíto mundial de torneos. Trátase dun circuíto que está deseñado como porta de entrada dos profesionais ao circuíto da Asociación de Tenis Profesional (ATP) e outorga puntos para este circuíto”.

Neste torneo participaron destacados xogadores como Andy Murray, no ano 2004, polo que se trata “dunha gran oportunidade para xogadores galegos e ourensáns”, afirmou Rosendo Fernández. “Nesta ocasión participarán tres ourensáns: Luis Morillo, Javier Rivera e Luis de León”, asegurou o director do torneo.

Artigos relacionados

Back to top button