EconomíaEconomía

O termalismo galego, no Cupón da Once do 15 de marzo

Na presentación, o conselleiro de Cultura recibía unha réplica enmarcada do cupón que xa está a venda e destacaba a importancia que ten esta iniciativa
Acto de presentación do cupón.
Acto de presentación do cupón.

Os espazos termais galegos,reflectido neste caso nas termas romanas de Lugo, chegarán a todos os rincóns do Estado a través dos cinco millóns e medio de cupóns que a ONCE puxo xa á venda para o sorteo do día 15 de marzo.

“Está non é a primeira vez que a ONCE colabora coa difusión de espazos e actividades relacionadas con Galicia xa que dende hai máis de 15 anos veñen promovendo o patrimonio e a cultura galegas a través do deseño dos cupóns”, segundo recordaba o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, no acto de presentación deste cupón, no que estivo acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, polo presidente e xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, Antonio Garaloces e Benigno Amor, respectivamente, así como Javier Soto, xerente da Caldaria, e polo delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan.

Neste mesmo acto, que tiña lugar o 10 de marzo na Cidade da Cultura, Vázquez Abad recibía unha réplica enmarcada do cupón que xa está a venda.

A directora de Turismo de Galicia, pola súa banda, destacaba que a auga termal forma parte dos nosos recursos endóxenos e como destino líder na oferta de termalismo do Estado, tanto en calidade como en cantidade, “temos a opción de configurar produtos turísticos orientados para diversas tipoloxías de viaxeiros”. Asemade lembrou que para a posta en valor desta enorme potencialidade, vense de presentar “o noso Plan de Termalismo, que aproveita as sinerxías creadas entre os diferentes recursos e produtos e incide na especialización e na paquetización dos nosos recursos termais”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button