CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Terrasón 2021 do Barco arranca este venres, 6 de agosto, coas versións de Superhéroes de Barrio

A segunda edición deste ciclo de música ao vivo nas rúas estenderase ata o 12 de setembro

Concerto no Terrasón 2020 na rúa Abdón Blanco.

 

O 2020 foi sen dúbida, un dos anos mais complicados dos últimos tempos. Non só a nivel sanitario, económico e social, senón tamén cultural. De feito só no sector da música en directo en España, calcúlanse unhas perdas directas de mais de 1.200 millóns de euros e case 25.000 concertos cancelados entre marzo de 2020 e febreiro de 2021.

Nese verán marcado polas consecuencias e restricións da pandemia global provocada polo Covid-19 a Concellaría de Cultura do Concello do Barco quixo apostar pola reactivación económica de dito sector, sumando tamén esta achega, ao sector da hostalería, tamén gravemente afectado pola esta crise global. Nacía así o ciclo Terrasón cuxa primeira edición levou a música en directo a diferentes puntos estratéxicos da vila durante as fins de semana de xullo, agosto e setembro de 2020. En total foron 17 bandas, cun total de 61 traballadores entre artistas e técnicos, os encargados de dinamizar durante as noites de verán as terrazas dun total de 30 bares e restaurantes.

 

Programa do Terrasón 2021.

 

Neste 2021, “despois de pensalo e de valorar todas as posibles opcións”, a Concellería de Cultura decidía por en marcha a segunda edición. “A decisión tomouse unha vez constatada a boa marcha do programa De Perto e das noites de cine, que tiveron unha moi boa afluencia de público, cun cumplimento estricto por parte de todos das normas sanitarias establecidas, e sen que se rexistrara ningún incidente”, aseguran dende o Concello, lembrando que para as actividades do Terrasón 2021 instalaranse cadeiras para o público, “e cumpliranse, como en todas as actividades municipais celebrada ata agora desde que se declarou a pandemia, as medidas sanitarias vixentes en cada momento”.

Así o II Terrasón arrancará este venres 6 de agosto ás 22:30h. na rúa Abdón Blanco coa actuación do grupo de versións de León Superhéroes de Barrio, e estenderase ata o 12 de setembro con Blues do País de Santiago de Compostela, xa dentro do Programa Cultural do Cristo 2021. E entre medias, actuarán Soul & Roll de Ourense (7 de agosto), Xoan Curiel de Santiago de Compostela (13 de agosto), Ainda de Ponferrada (14 de agosto), Sofía Espiñeira de Mugardos (21 de agosto), Tronka Jazz Quartet de Vigo (22 de agosto), Castro e Montes de Pobra do Brollón (27 de agosto), La Buena Vida de Vigo (3 de setembro), Norma Winchester de Valladolid (10 de setembro) e Gin Toni’s das terras de Lemos ( 11 de setembro).

 

Artigos relacionados

Back to top button