CulturaCulturaÚltima hora

“O teu Xacobeo” achega a Vilamartín de Valdeorras o espectáculo “Cómicos da Legua”

Será este sábado, 26 de outubro, ás 12h. na praza Xosé Luis Núñez

Imaxe de Títeres Viravolta. Foto: Manuel F. Minaya.

 

A praza Xosé Luis Núñez de Vilamartín de Valdeorras acollerá este sábado 26 de outubro ás 12 horas, o espectáculo Cómicos da Legua de Viravolta Títeres.

Trátase dun evento dirixido ao público familiar, enmarcado no programa da Xunta “O teu xacobeo”, que achega as formas tradicionais da arte escénica popular europea que viaxaron a través das peregrinaxes, desde a Idade Media ata a actualidade . Un cóctel de bonecos, música e actor para un espectáculo ambulante que convirte prazas e rúas en “corral de comedias” e teatros.

A través das formas do bululú (cego e lazarillo) e do ñaque (músico e titiriteira) en breves episodios dramáticos convídase o público a gozar cos personaxes do universo da picaresca e da literatura do cordel.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button