Entroido 2022OurenseÚltima horaVídeos

O toque do Folión de Buxán e as Mázcaras conquistan a cidade de Ourense

 

O Entroido segue o seu curso e o Folión de Buxán (O Bolo) está cumprindo cun riguroso calendario de visitas e desfiles que na noite do venres 25 de febreiro levábao ata o mesmo centro da cidade de Ourense, onde o seu ancestral son ao ritmo de aixadas, bombos e corna, acompañado polas fermosas e coloristas Mázcaras, conquistaban ao público.

 

As Mázcaras e o Folión de Buxán, polas rúas de Ourense.

 

O acto central do Carnaval na cidade das Burgas será o gran desfile de comparsas que mañá pola tarde percorrerá as rúas, pero este ano quixeron abrir o programa cun desfile especial de entroidos tradicionais que comezaba en torno ás 20 horas e atravesaba o centro histórico da capital da provincia, para deleite dos asistentes.

 

 

Ademais do de Buxán, tamén estaba previsto o desfile do Folión As Maceiras (Trives), dos Felos de Esgos, dos Felos de Maceda, dos Follateiros de Lobios, dos Galos de San Pedro da Mezquita (A Merca), de Paquita e Nicanor de Seixalvo, de Frei Canedo da Ponte e das Pitas de Eiroás.

 

Mázcaras cde Buxáb con figuras doutros entroidos.

 

 

Fotos e vídeo cedidos polo Folión de Buxán.

Artigos relacionados

Back to top button