
No marco da celebración do Magosto en Trives, o programa da televisión galega “Aquí Galicia” achegarase ata esta vila no sábado 10 de novembro. En concreto, este espazo retransmitirase en directo a partires das 16h. dende o Patio de Santa Leonor e, entre outros contidos relacionados coa zona, achegará o son do Entroido trivés da man do Folión Os Labregos, así como as actuacións de grupos locais como as Macizas Centrais, a Banda de gaitas Os Trintas e a Rondala A Esmorga, ademais da dun grupo de nenos do xinmasio Trivesport.
