DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O torneo de bolos celtas reúne a 32 parellas en Punxeiro (Viana do Bolo)

O campionato, organizado polo Club de Bolos Punxeiro, celebrábase na xornada do 17 de agosto

A memoria de Luis Herrera, promotor do torneo de bolos por parellas de Punxeiro (Viana do Bolo) está máis viva que nunca. Así o demostra o novo éxito de participación da XIX edición celebrada na xornada do 17 de agosto. De Nigrán, Baiona e Gondomar (Pontevedra); de Tuxe e Buxán (O Bolo); de Froxais, Quintela e Punxeiro (Viana do Bolo); de Xove (Lugo); de Asturias; de Boiro (A Coruña),… Son algúns dos lugares de procedencia das 32 parellas de boleadores (entre elas dúas de mulleres ademais de varios nenos), participantes no campionato organizado polo Club de Bolos Punxeiro.

Coma sempre, en torno ás dez e media da mañá arrancaba a ronda clasificatoria na que se decidían os campos nos que máis tarde tirarían as parellas: os de maior puntuación no campo 1, os seguintes no 2 e os peor clasificados no campo 3, todos no pobo de Punxeiro. Despois comezaría o torneo propiamente dito que non remataría ata a noite, con xantar e cea incluídos na casa do pobo.

 

Alejandro Herrera, membro do CB Punxeiro, chegaba á semifinal do campionato galego de bolos na modalidade individual, celebrado en Camos (Nigrán).

 

Como en toda competición, en Punxeiro os boleadores loitan por conseguir a máxima puntuación, pero este torneo é, sobre todo, unha reunión de amigos, amantes do tradicional xogo dos bolos, na que botar unhas risas e de paso tentar facerse con algún dos premios. Por iso a viúva e Luis, Ricarda, que mantén xunto aos seus fillos e resto dos membros do club, o legado do seu home, asegurana estar “moi contenta hoxe, por ver á xente que vén de tan lonxe a pasar o día con nós”.

Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button