DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O torneo de petanca para inaugurar a ampliación das pistas do Chao, no Barco, supera expectativas

21 tripletas participaban na competición organizada polo Club de Petanca Valdeorras

 

Superando todas as expectativas da organización, o torneo de petanca que se celebraba na xornada deste martes 17 de maio no Barco, reunía a 21 tripletas (63 xogadores) de A Coruña, Breogán (Vigo), Lalín, Negreira, Lugo, Muralla (Lugo), Val do Dubra (A Coruña), Ponferrada, Fabero e Valdeorras.

 

Foto de familia.

 

Ao longo da xornada, con parada para xantar, os xogadores disputaron as sucesivas partidas seguidas por numerosos afeccionados que animaban na Finca do Chao ata a entrega dos trofeos. A tripleta formada por Nicolás, Asier e Enmanuel, do Club Petanca Lugo levaba o primeiro premio; a de Antonio, Ramón e Ángeles, do Club Petanca Breogán, o segundo; a formada por Javi, Antón e Juan, do Club Petanca Negreira, o terceiro; e a de Jesús, Antía e David, do Club Petanca Lugo, o cuarto.

Neste torneo tamén houbo premio de consolación, sendo o primeiro para a tripleta valdeorresa formada por Vicente, Ángel e Amador; o segundo para Pedro, Efrain e Francico do C.P. Negreira; o terceiro para Paulo, Celso e Roi do C.P Lalín; e o cuarto para Samuel, Antonio e Eladio do C.P. Fabero.

 

O agasallo conmemorativo do torneo.

 

O torneo servía para inaugurar a ampliación das pistas do Chao, onde xogan. “Cada vez somos máis e o sitio quedábasenos pequeno polo que o Concello do Barco ampliou ata 8 pistas para xogar todos a un tempo”, en palabras do presidente do Club Petanca Valdeorras, Gabriel Álvarez.

O concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, era o encargado de entregar os premios e organización daba a maiores un agasallo conmemorativo do torneo a todas as tripletas participantes.

Fotos: Mónica G. Bellver.

https://www.youtube.com/shorts/9Pml3VpQpVA

Artigos relacionados

Back to top button